Delahoja presenta en Pontevedra "Más díficil todavía", o seu terceiro traballo discográfico
Por Alejandro Espiño
ÿ probablemente o grupo pontevedrés de maior proxección nacional. Levan 17 anos no mundo do hip-hop, pero foi hai seis cando Delahoja empezou a adquirir a relevancia da que gozan hoxe en día. Van xa polo seu terceiro traballo discográfico. Acaban de publicar Más difícil todavía, un disco que, tras un mes no mercado, presentarán en directo en Pontevedra. Será este sábado 15 de novembro ás 22.30 horas na Sala Karma.
Más difícil todavía, que conta con 16 cortes (máis 2 bonus tracks), segue na liña marcada polo grupo desde os seus inicios, fusionando árabe e castelán cunha naturalidade innata, apostando por diferentes estilos e sensacións. Delahoja concibe a súa música dunha forma inusual, unha mestura sensorial de alegría, temor, loita, positivismo, festa e crítica social, cun estilo absolutamente propio.
"Por lo difícil que está la vida para formar una familia o pagarse una casa, por lo difícil que resulta sacar un disco y también porque complicamos el asunto. Más difícil todavía es un título que le viene al pelo", explican os compoñentes de Delahoja. "Después de todo lo que pasó en Túnez (un deles, F.Elextranjero, é tunecino) y en España, el cuerpo nos pedía hacer temas que tocaran la conciencia, porque hacemos esto para entretener a la gente y que se olviden de sus problemas, pero también para hacer pensar", engaden.
Desde a explícita Despertar, temas como Stress ou Aquí nada es fácil abundan na vertente máis narrativa e comprometida, tanto no humano como no social, do hip-hop. "El rap tiene una capacidad para decir cosas que otras músicas no tienen", afirman os cinco músicos, que cren que os artistas en xeral deben ser "responsables" cos tempos que viven. "Es cuestión de conciencia y elección".
Más difícil todavía é o seu primeiro disco cunha das principais multinacionais da música, Sony Music, que se aliou co selo habitual de Delahoja, Wahin Makinaciones, para o seu lanzamento. E é que o grupo tiña claro que non querían deixar de lado a un equipo, encabezado polo futbolista José Manuel Pinto, porteiro suplente do F.C.Barcelona. No seu estudo é onde se gravou a maior parte de Más difícil todavía.
Delahoja asegura que lograron con Más difícil todavía "un sonido que en España hasta ahora no se había conseguido"
A colaboración con Wahin,"que es como nosotros conocemos a Pinto", din os membros do grupo, comezou en 2009, co lanzamento do seu primeiro disco de estudo, El mordisco. Seguiríalle o EP Nuestra B.S.O. Ademais da produción da maioría dos sete cortes que o formaban, Wahin levou aos vestiarios do seu equipo un deses temas. Nuestra B.S.O. converteuse nunha desas cancións fetiches do Barça de Guardiola.
"Wahin es el sexto miembro de Delahoja. Es un trabajador más y un músico más, no es solo el tío que tiene la empresa, se implica como manager e ingeniero de sonido, es un currante", afirman o resto de compoñentes do grupo, que cren que lograron con Más difícil todavía "un sonido que en España hasta ahora no se había conseguido".
Este terceiro traballo de Delahoja contou con colaboracións de luxo. No tema La conexión, podemos escoitar a un dos grupos de referencia do hip-hop internacional, Cypress Hill; mentres que en canto ás colaboracións nacionais, para o tema Caereis puideron contar con Nerviozzo, un dos membros de Dúo Kie e ex-presentador de MTV Tuning, e doutra banda, con Rack Eterno en A contrarreloj.
En canto a beats refírese, Más difícil todavía, que se masterizou en Los Ángeles (California), no prestixioso estudo Bernie Grudman Mastering, contou con instrumentais de oito produtores musicais insuperables, que contribuíron a facer deste álbum un disco realmente brillante: Wahin, Christian Olde Wolbers (Estados Unidos), Baghira, Khaibeat, JML, Art Masta (Tunisia), DjLaese e Brewster.
As entradas para este concerto en Sala Karma, que teñen un prezo de 14 euros (10 en anticipada), pódense adquirir en Pequeno Karma, Rei Zentolo, a tenda Boombox e no despacho de billetes electrónico de Ticketea.