"Nesta casa hai fantasmas", penúltima cita co teatro afeccionado en PoioEscena 2014
Por Redacción
O ciclo de teatro afeccionado PoioEscena 2014 está chegando á súa fin. O local social da comunidade de montes de Combarro acollerá este venres 12 de decembro, a partir das 21.00 horas, a representación da comedia Nesta casa hai fantasmas. Trátase dunha obra interpretada polo grupo de teatro de Cristiñade (Ponteareas).
Nesta montaxe, unha parella de mozos procedentes da capital chegan a unha pequena aldea, onde compran unha antiga casa do século XIX. Nesta casa suceden unha serie de acontecementos misteriosos que os leva a facer todo tipo de investigacións, axudados polas fantasmas que alí habitan para sacar á luz a verdadeira historia de desamor e asasinato que aconteceu nese lugar.
As entradas teñen un prezo de dous euros na billeteira, un para os socios e socias das tres asociacións que, xunto co Concello de Poio, impulsan este ciclo de teatro: Armadiña de Combarro, SCD Samieira y SCD Raxó.
Ambas entradas contan cun desconto do 50% se se adquiren por adiantado. As entradas anticipadas poden mercarse na Libraría Ardora de Raxó e na Libraría de Combarro.