O Ballet Carmen Roche mostra o seu repertorio no auditorio de Afundación
Por Redacción
A compañía de Ballet de Carmen Roche presentou este venres en Pontevedra o seu espectáculo Timeless, unha proposta que combina pezas coreografiadas por algunhas das figuras máis relevantes do campo da danza.
Os asistentes ao auditorio de Afundación gozaron de pezas clásicas como O Corsario ou A Bela Durminte, de estilo neoclásico como Mimi e Fredo ou o contemporáneo Espazo Incerto.
Como remate final representouse a peza Without Words, dun dos coreógrafos españois máis internacionais, Nacho Duato.
O Ballet de Carmen Roche converteuse nunha das compañías máis estables e destacadas do estado dende a súa fundación no ano 1998.
A compañía aposta deliberadamente pola difusión das obras básicas do patrimonio do ballet clásico estando aberta a todas as linguaxes da danza.