Unha mostra homenaxea ás case 70 bandas de música da provincia
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Deputación inaugura este venres a mostra Bandas de Pontevedra: Homenaxe ás bandas da provincia, coa que pretende poñer en valor a enorme riqueza cultural e social que supoñen estas agrupacións.
A mostra iniciará o seu percorrido no concello de Portas, e terá como protagonista central á Unión de Lantaño. A deputada Ana Isabel Vázquez será a encargada de inaugurala, nun acto que terá lugar ás 20,00 horas na Sala de Exposicións da Azucreira de Portas.
Neste concello permanecerá ata o 10 de novembro e, a partir de aí, irá percorrendo outros concellos da provincia levando a cada un a historia da súa propia agrupación musical e, arredor dela, a de todas a cada unha das bandas de música que fan ou fixeron historia en Pontevedra.
Trátase, pois, dunha mostra dinámica, que en cada concello que visite adquirirá un aspecto diferente, ao darlle primacía á banda propia do lugar, malia que en todos e cada un se poderá afondar nos mesmos contidos.