Semana de cinema e rock no Liceo Mutante
Por Redacción
O mércores 5 de decembro, o Cineclube do Liceo Mutante ofrece a partir das 9 da noite o final do ciclo dedicado ao director francés Chris Marker. Van proxectarse dous dos seus traballos: Chats Perchés e Puisqu'on vous dit que c'est possible. A segunda narra a folga mantida polos traballadores da fábrica de reloxos Lip. As dúas serán emitidas en versión orixinal con subtítulos.
A música da banda galega, Martelo, vai irromper o venres 7 a partir das 9:30 da noite co seu sonido rock.
E na noite do sábado 8, Los Teleplásticos e a banda de Montalvo, Lobishome, ofrecerán sons vibrantes e ritmos que invitan a saltar nun agardado concerto.