O Memorial Ricardo Portela rende homenaxe a 200 anos de instrumentos musicais
Por Diego Torrado
200 anos e cinco xeracións elaborando instrumentos tradicionais e dando vida ás gaitas de moitos músicos galegos. ÿ a carta de presentación do Obradoiro García de Riobó da Estrada, que este sábado se converteu en protagonista da décimoquinta edición do Memorial Ricardo Portela.
Tras dous días (venres 11 e sábado 12) de artesanía e música, o Memorial pechouse na noite deste sábado cunha homenaxe na praza da Ferrería ao Obradoiro García de Riobó, un dos talleres artesanais máis antigos de Galicia.
O evento volveu ter un dos principais atractivos na mostra de artesáns de instrumentos tradicionais que se instalou na praza da Ferrería coa participación de 12 dos mellores artesáns especializados en gaitas, percusión ou zanfoña. Durante a tarde do venres e toda a xornada do sábado recibiu centos de visitantas. Estivo aberta o venres de 17.00 a 21.30 horas e o sábado de 11.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.30 horas.
No seu apartado estritamente musical, a primeira nota dérona os membros da asociación Gaiteiros das Rías Baixas cun pasarrúas na tarde do venres polas rúas e prazas da cidade que serviu de homenaxe ao mestre Portela. Xa o sábado correu a cargo de Os Terribles de Arousa, Os Mecos e Boudebou..
A Ferrería foi o epicentro desta completa homenaxe a Ricardo Portela e á música tradiconal. Tras a actuación do Coro Tradicional Cantares do Brión o venres e a homenaxe ao Obradoiro García de Riobó, o ambiente animouse co concerto de Abóbriga, un grupo que mestura a música tradicional con composicións propias e que xa editou o seu primeiro traballo discográfico.