Espectáculo poético de Yolanda Castaño
Por Redacción
A poetisa Yolanda Castaño vai protagonizar esta tarde do luns 17 de novembro a partir das 8 da tarde un espectáculo poético multimedia no Sexto edificio do Museo de Pontevedra. A súa proposta ofrece diversas linguaxes expresivas a través das novas tecnoloxías. Yolanda Castaño ofrece un recital de vangarda no que se pode gozar da música, de proxeccións audiovisuais e de poesía. Con esta proposta, que leva por título Unha poética con profundidade de campo, a autora busca achegarse a novos públicos.
A poetisa compostelá conta cunha extensa obra que foi representada en multitude de revistas nacionais e estranxeiras e recibiu varios premios na península. A súa obra xa foi traducida a idiomas tan rechamantes como, entre outros, o macedonio, o árabe, o armenio, o chinés, o xaponés, o maltés ou o lituano e ela é coñecida popularmente por colaborar no espazo televisivo Cifras e letras.
A entrada ao recital é libre ata completar o aforamento. Este acto forma parte do ciclo Pontevedra, imán de palabras que organiza a Deputación Provincial.