A película '9 olas' estréase en Pontevedra
Por Redacción
A longametraxe gravada nas provincias de Ourense e Pontevedra, e nominado aos Mestre Mateo como mellor película, proxectarase os martes de abril en Cinexpo e sábado 26 no Auditorio da Illa de Arousa.
9 olas é a primeira longametraxe do italo-galego Simone Saibene. O argumento comeza nalgún punto da fronteira entre Galicia e Portugal onde un home esquece os seus recordos ao beber auga dunha fonte. O protagonista comeza así unha viaxe de busca da súa propia memoria e identidade.
9 olas é un relato cinematográfico que amalgama lenda popular, irracionalismo e poesía, a través dunha linguaxe sinxela e sen artificios.
A película, producida coa fórmula do crowdfunding, está gravada enteiramente nas provincias de Ourense e Pontevedra, principalmente na praia da Lanzada.
Proxectarase os martes 1, 8 e 15 de abril ás 20.30 horas en Cinexpo Pontevedra.
O xoves 3 de abril ás 19.30 horas, Saibene terá unha conferencia "Autoxestión e proceso creativo" en Espazo Arroelo (Michelena 11, 3) e sábado 26 de abril 9 olas proxectarase no Auditorio da Illa de Arousa.
9 olas, que está en fase de distribución, proxectouse en distintas cidades de Galicia obtendo un bo éxito de público e crítica. Está nominada a mellor película nos Premios Mestre Mateo deste ano. Na película que mestura actores de profesión e non profesionais, destaca o actor italiano Dario Melini e as actrices galegas María Tasende e Isabel Risco.