Santiago Auserón presenta o seu proxecto acústico 'Casa en el aire' no Auditorio de Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O músico Juan Perro, alter ego de Santiago Auserón, actuará en Vilagarcía o próximo 6 de abril ás 20.00 horas para ofrecer un concerto acústico despois de finalizar a súa xira polos Estados Unidos.
O ex líder da banda Radio Futura estará acompañado polo guitarrista Joan Vinyals. Ambos os dous interpretarán temas do último traballo de Juan Perro que leva por título Casa en el aire, un espectáculo no que explora a mestizaxe entre as músicas de raíz norteamericana, latinoamericana e ibérica, combinadas con soul negro nun espectáculo marcado polo humor e a posta en escena.
Santiago Auserón actuara en Vilagarcía no ano 2009 na homenaxe rendida ao actor e cómico de Vilaxoán, Eduardo Rubianes. Nesta ocasión, Juan Perro presentará 22 cancións de discos como Raíces al Viento, La Huella sonora, Míster Hambre, Cantares de Vela e de Río Negro, o seu disco máis recente.
A venda anticipada das entradas xa se pode realizar a través de servinova ou no teléfono 902.504.500 con entradas ao prezo de 8, 10 e 12 euros.