Nelson Cascais, Ton Risco Quinteto e Rafa Aguila, protagonistas do ciclo 'Jazz no Principal'
Por Redacción
O ciclo 'Jazz non Principal' chega á súa décima edición con tres actuacións que se desenvolverán os sábados 15, 22 e 29 de marzo ás 21.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra.
O primeiro dos concertos corre a cargo do baixista Nelson Cascais acompañado por alumnos do Seminario Permanente de Jazz (SPJ); o segundo recital ofrecerao o vibrafonista de Ourense, Ton Risco e o ciclo pecharao o 29 de marzo Rafa Aguila, saxofonista cubano afincado en Madrid, tamén acompañado por integrantes do SPJ.
O prezo das entradas é de 5 euros e pódense adquirir xa a través de servinova ou nos días dos concertos no despacho do Teatro Principal. Os estudantes, xubilados e parados contan cun prezo especial de 3 euros.
Todos estes artistas ofrecerán tamén obradoiros, con entrada libre, durante os mesmos días dos concertos, de 11 a 14 horas no antigo Conservatorio, para todos os afeccionados que queiran acudir. Aos asistentes entregaráselles un diploma acreditativo.
Segundo sinalou Luis Carballo, responsable do Seminario Permanente de Jazz, por este ciclo xa pasaron arredor de medio centenar de músicos e apuntou que este evento "é un ciclo diferente que permite preparar á xente para que teña oportunidade de tocar e seguir formando a gran canteira de jazz".
O Seminario Permanente de Jazz tamén participará, segundo anunciou a concelleira de Cultura Anxos Riveiro, no Salón do Libro os días 25 e 26 de marzo instrumentando o conto 'A pota que trota'.