Festival folclórico multicultural con ritmo
Este sábado 10 de agosto, a Praza da Ferraría en Pontevedra acolleu unha vibrante noite folclórica no marco da primeira xornada das Festas da Peregrina, na que participaron destacadas agrupacións internacionais e locais.
O evento contou coa presenza da Agrupación Folclórica Usanza Aragonesa de Zaragoza, o Grupo Folclórico Os Moliceiros de Ovar de Portugal, o Ballet Folklórico del Bio Bio de Chile e a Agrupación Folclórica Celme de Pontevedra, que tamén participaran ao mediodía nunha exhibición na praza da Peregrina previa á chegada da carroza ao santuario.
Os asistentes puideron gozar dunha variedade de danzas e músicas tradicionais, desde as xotas aragonesas ata as vivas representacións folclóricas chilenas e portuguesas.
Destacou a actuación rítmica da Agrupación Folclórica Usanza Aragonesa, coñecida pola súa dedicación á preservación das tradicións aragonesas,
Pola súa parte, o Grupo Folclórico Os Moliceiros de Ovar, con máis de 40 anos de historia, trouxo un anaco da cultura portuguesa coas súas sobrias vestimentas, mentres que Bio Bio sorprendían coas súas danzas cheas de enerxía e vistosidade.
Festival folclórico
Evento celebrado na primeira xornada das Festas da Peregrina 2024, organizado por Celme
© Mosrey
Relacionadas:
-
Ofrenda floral á Virxe Peregrina con petición para que desapareza a violencia nunha sociedade "crispada"
Por Mosrey Fotografía & Anxo Lourido |
-
Teresa Fernández-Valdés, pregoeira: "Imos dalo todo. Vivan as Festas da Peregrina!"
Por Mosrey Fotografía & Anxo Lourido |
-
Programa das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Shinova, El Drogas, La la Love You, Nil Moliner, Fillas de Cassandra, Mondra, Delaossa ou Tanxugueiras, nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Tanxugueiras subirá ao escenario da Praza de España para substituír a Pimpinela
Por Marisa Ciordia & Mónica Patxot |