Treixadura e De Vacas, novas citas do programa provincial +Música en Sanxenxo e Barro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O programa +Música impulsado pola Deputación de Pontevedra facilitará dúas novas actuacións musicais na comarca o vindeiro mércores 24 de xullo.
Por unha banda a Praza do Mar de Sanxenxo será escenario a partir das 22.00 horas dun recital de Treixadura, unha das formacións de referencia da música tradicional galega.
Por outro, a Praza da Crega en Barro acollerá desde as 21.00 horas un concerto de De Vacas, grupo que afai facer versións propias e adaptadas de temas coñecidos e que presentarán en Barro o seu espectáculo 'Rebovina Divas Live'.
O programa +Música é unha iniciativa coa que a institución provincial pon ao dispor de municipios de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos co obxectivo de fometar a cultura e a lingua galega, custeando os seus concertos.
En total entre maio e setembro están previstas 59 actuacións noutros tantos concellos da provincia.