O Sanatorio abre as súas portas á música urbana na presentación de 'Atlantic Don'
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/301/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/669267e590-whatsapp-image-2024-07-13-at-13.36.15.jpeg)
© Álvaro Arosa
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/40e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6692683db0-whatsapp-image-2024-07-13-at-13.36.25.jpeg)
© Álvaro Arosa
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/91a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6692690ddc-whatsapp-image-2024-07-13-at-13.37.00.jpeg)
© Álvaro Arosa
O pasado venres tivo lugar no centro cultural O Sanatorio a presentación de Atlantic Don, o último disco do artista pontevedrés Uncle Doc. O acto realizouse baixo invitación e mostrou aos asistentes todo o proceso creativo do disco.
O autor do traballo, Rayco, explica que a súa intención foi presentar o seu novo álbum dunha forma diferente. "Buscamos facer algo máis romántico, como se facía na época dos 90 en forma de gala", afirmou o artista.
O acto consistiu en varias partes. En primeiro lugar, Atlantic Don soou de fondo mentres os invitados chegaban a O Sanatorio. Posteriormente, Uncle Doc xunto ao seu produtor N Skillz e o produtor executivo do proxecto e a gala, Jalis Sandoval, presentaron o traballo e explicaron todo o proceso creativo desde o primeiro momento.
Tras esta breve charla, os asistentes gozaron dunhas proxeccións con fragmentos dalgúns videoclips e declaracións dalgunhas das persoas que traballaron no disco.
Tal e como explicou Rayco, o seu traballo contou coa colaboración de produtores como Pazos, Yxng Lxve, Solo Polo ou Dualy.
Para finalizar a gala, Uncle Doc cantou en directo algunhas das cancións do seu novo álbum. O artista mostrouse moi satisfeito, afirmando que "quixemos darlle algo especial ao público e a aceptación non puido ser mellor. A xente respondeu moi ben e puidemos vender moitos vinilos de Atlantic Don".
O acto finalizou cun cátering para os invitados, que puideron gozar das instalacións de O Sanatorio con motivo da presentación do disco.
Uncle Doc tamén se mostrou moi agradecido co persoal do lugar. "O Sanatorio é un espazo cultural e artístico moi diferente ao que hai na cidade", afirmaba Rayco.