![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d64/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/668ceaa1db-natividad-parada-francisco-hernandez-y-galia-blanco-medios-.jpg)
© Juan Caballero
'Andar por casa' de Galia Blanco permanecerá aberta ata o 18 de xullo no Círculo Cultural
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ata o 18 de xullo a artista compostelá Galia Blanco presenta a súa nova obra pictórica na sala de exposicións do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo.
Baixo o título de 'Andar por casa' ofrece dúas alternativas: 'Eternas' e 'Paisaxes abstractas'.
Trátase de vinte obras que se presentaban nas últimas horas coa presenza da autora, o presidente da entidade, Francisco Hernández, e a concelleira de Educación de Sanxenxo, Natividad Parada.
Galia Blanco, pintora de profesión e xornalista de oficio, combina o abstracto co sereno ofrecendo unha gama de cores que dan vitalidade aos seus traballos artísticos.
A creadora busca equilibrio entre o ambiente real e o ficticio nestas novas propostas.