Sen entradas para a primeira obra do Festivalle
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Todo vendido para a primeira representación da tempada Divinas Palabras no Auditorio Valle-Inclán de Vilanova de Arousa.
Este mesmo luns 8 de xullo ás 20:00 horas será cando comece a III edición do Festival de Teatro Festivalle, que acollerá a vila ata o xoves 11 de xullo e que ten todas as butacas ocupadas para a xornada inaugural.
Será unha semana na que Vilanova converterase nun referente nacional ao ser o único festival teatral monográfico que se realiza. Días dedicados á obra e figura de Ramón María del Valle-Inclán comezarán este luns coas visitas guiadas gratuítas con Fátima Rey que parten da Casa Museo ás 12:00 horas.
Ás 20:00 horas chega o momento da primeira representación da tempada coa compañía Atalaia, que fai neste Festival a súa segunda parada para este traballo que estrearon hai 10 días no Teatro Campoamor de Xixón.
O día máis completo, con todo, será o martes, cando se inaugurará o curso académico e a mostra Luces na Pastoriza, que se abrirá na mesma capela e que aúna o traballo de Juan Fernando de Laiglesia, Marta Iglesias e Adolfo Barcia.
O día continuará cunha nova visita guiada e finalizará coa representación de 'Hasta aquí hemos llegado'. Ás 20 horas a prestixiosa compañía valisoletana A quimera de plástico se subitá ao escenario para retratar os momentos previos que viven un grupo de actores que se van a interpretar 'Los cuernos de don Friolera'. Trátase dun tempo de ensaio que se converte nunha homenaxe a Valle-Inclán, ao gremio actoral e á propia compañía.
As entradas están dispoñibles a través de Ataquilla.com.