Vicente Ferez presentará o seu poemario 'Réquiem' en Pontevedra
Por Anxo Lourido
O escritor de orixe alacantina Vicente Ferez presentará en Pontevedra o sábado 6 de xullo o seu poemario 'Réquiem' publicado por Editorial Discursiva.
A cita será no Café de Cine de Pontevedra coa intervención do autor e do poeta e escritor pontevedrés Alexander Vórtice. Tamén participarán Pablo Borja P. Portabales, do Colectivo Metalírica; e Enrique Sotelo, editor de Discursiva.
A ópera prima deste autor preséntase en Pontevedra con motivo da súa visita a Galicia para acudir á Festa dos Libros, que se celebra durante esta fin de semana.
O poemario ofrece unha crítica social contundente con profundidade e vitalismo, segundo explica Vórtice, autor do prólogo.
'Réquiem' recolle versos intensos, necesarios e enriquecedores que penetran tamén na fugacidade da vida.
Relacionadas:
-
Ledicia Costas presenta a súa última obra na xornada final dunha exitosa edición da Festa dos Libros
Por Redacción |
-
Un centenar de autores asistirán á oitava edición dunha Festa dos Libros cargada de actividades
Por Anxo Lourido |
-
RADIO.- David Jiménez volve con 'Días salvajes', unha novela sobre a coraxe de vivir na España actual
Por Marisa Ciordia |
-
Presentan as últimas obras de José Benito García e de José María Arceu no Liceo Casino
Por Redacción & Anxo Lourido |
-
Alexander Vórtice presenta a súa nova obra, o poemario 'Diagnóstico Interior'
Por Redacción |