A música urbana tamén soará nas Festas da Peregrina co rapeiro Delaossa
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
Paso a paso vanse desvelando todos os nomes dos artistas que actuarán nas próximas Festas da Peregrina de Pontevedra. O último en sumarse á nómina de concertos para este ano foi o rapero malagueño Delaossa.
Referente do hip-hop en castelán, actuará no escenario principal das festas, na Praza de España, o vindeiro domingo 11 de agosto.
É o cofundador de Space Hammu, un dos colectivos musicais underground máis recoñecidos do panorama nacional, proxecto que combina coa súa carreira en solitario.
Ten cinco traballos editados, o álbum Un perro andaluz (2019) e os EP El Palo Nº1 (2016), La Tour Liffee (2020), Playa Virginia (2022) y Rehab en Lamarossa (2023).
Ademais, publicou multitude de colaboracións con outros artistas da música urbana, entre eles Recycled J, Hard GZ, Nicky Nicole ou Natos e Waor.