'De Vilatriste a Vilalegre' pasará por Portas da man do Centro Dramático Galego
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/022/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6683d39821-a.jpg)
Por Anxo Lourido
O mércores 3 de xullo, ás 12.00 horas, o CPI Domingo Fontán, de Portas, acollerá unha función 'De Vilatriste a Vilalegre', espectáculo itinerante do Centro Dramático Galego (CDG) que percorre máis de cen municipios de Galicia con motivo da conmemoración do 40 aniversario da creación da entidade dependente do AGADIC
O espectáculo, coproducido con Teatro ó Cubo, está dirixido a todos os públicos e o acceso será gratuíto ata completar a capacidade do recinto.
A obra narra a chegada a Vilatriste de novos moradores que logran un superpoder ao beber unhas augas misteriosas.
Trepas, personaxe principal da historia, inicia unha aventura para salvar á vila das malas decisións dun alcalde vello e con malas intencións. Ao longo da obra aparecerá unha superheroína que colaborará para tentar vencer ao inimigo.
O texto orixinal é de Roi Vidal Ponte e a dirección do espectáculo corresponde a Sofía Espiñeira e Roberto Casal, quen tamén protagoniza a montaxe con Uxía Algarra.
A música corre a cargo de Brais das Hortas neste espectáculo divertido de monicreques