Once compañías na nova edición de Itineranta, que animará as rúas de Pontevedra do 17 ao 19 de xullo
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/30b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66799a53b2-aukeraa-1.jpeg)
© Bambolea
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/dad/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66799ba2b4-cropped.jpeg)
© Produccións Scura
Con once compañías de artes escénicas e unha semana antes que o pasado ano. Así regresará a Pontevedra Itineranta, o festival de espectáculos itinerantes pola rúa. O evento, que chegará á súa décimo terceira edición, celebrarase entre os días 17 e 19 de xullo.
A través das redes sociais, os seus organizadores, a compañía galega Troula, desvelou o cartel para a edición de 2024 e o nome das compañías que percorrerán as principais rúas e prazas do centro histórico cos seus espectáculos.
Campi Qui Pugui (Lleida), Produccións Scura (Vila Real), El Carromato (Cádiz), Asaco Producciones (Navalmoral de la Mata), Sound de Secá (Cervera), Troula (Vigo), Xip Xap (Lleida), Markeliñe (Amorebieta), Bambolea (Madrid) e Xarxa Teatre (Vila Real) serán as participantes.
O programa de Itineranta 2024 arrancará o mércores 17 de xullo, ás 19:30 horas, co espectáculo "The Yetis", dos cataláns Campi Qui Pugui, na que unha familia busca fogar acompañados dun sherpa que os guía entre toda a distracción que atopan na cidade.
Ás 20:30 horas sairá Produccións Scura con "ludiNAUTES", unha montaxe de inspiración espacial que recrea a loita contra a invasión das máquinas; e a xornada pecharana os gaditanos El Carromato con "Elipsion", protagonizada por seres estraños de carácter futurista.
O xoves 18 será a quenda de "Custodios" con Asaco Producións (19:30 horas), un espectáculo inspirado nos vendedores de rúa; ou "Rats" con Campi Qui Pugui (20:30 horas), na que unha divertida praga de ratas invadirá a cidade de Pontevedra.
Con "Acid" con Sound de Secá (21:30 horas), uns personaxes anárquicos irrompen na rúa cunha festa ambulante; e "Hexagonum" con Troula (22:30 horas), na que unha abella mestra e a súa colmea pon en valor a vida en comunidade e mostra os abusos dos seres humanos.
O último día de Itineranta, o venres 19, sairán polas rúas de Pontevedra os ilerdenses Xip Xap con "Rag & Bone" (19:30 horas), que recupera a figura dos traperos, as persoas que pasaban polas rúas recollendo trapos, botellas ou cartóns.
Os vascos Makeliñe representarán "Andante" (20:30 horas), na que tres personaxes recollen os zapatos perdidos, abandonados e xa deshabitados; e os madrileños Bambolea apostarán por "Aukera", un espectáculo visual con auga que une reciclaxe e fantasía.
Os valencianos Xarxa Teatre (22:30 horas) porán o broche de ouro con "Nit Máxica" (22:30 horas); un espectáculo que traslada ao espectador á festa do lume con pirotecnia, estruturas de outrora, touros con lume, tracas, música en directo e demos.
Relacionadas:
-
Senda Festival múdase á Illa das Esculturas para celebrar a súa terceira edición
Por Alejandro Espiño |
-
Mondra tamén estará nas Festas da Peregrina: actuará en Pontevedra o 16 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Malvela, nova incorporación a Con voz de muller: actuará en Pontevedra o 4 de agosto
Por Alejandro Espiño |
-
Urbana Monte Porreiro 'ficha' o rapeiro Foyone para a súa edición deste ano
Por Alejandro Espiño |