A banda británica Onslaught encabeza o Alén Metal Fest de Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A banda británica de trash-metal Onslaught, cunha longa traxectoria ás súas costas, será o principal reclamo da cuarta edición do Alén Metal Fest.
O festiva musical celebrarase o próximo 6 de xullo no Parque da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, con entrada de balde para o público.
A cita contará ademais coa presenza doutras catro bandas, sendo a portuguesa Okkultist a segunda formación iternacional do cartel.
Tamén actuarán no Alén Metal Fest os barceloneses Savaged e os galegos Raze e Brutal.
Un cartel que consolida na súa cuarta edición a este festival gratuíto organizado pola Asociación Cultural Indanonvaidesta, nunha das principais opcións do seu xénero en Galicia.