![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9d6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6672c485b3-20240619-patxot-reunion-concello-cine-0938.jpg)
© Mónica Patxot
Membros do sector audiovisual galego avanzan co Concello en propostas vencelladas aos Premios Feroz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e42/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6672c472e4-20240619-patxot-reunion-concello-cine-0937.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b98/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6672c4944a-20240619-patxot-reunion-concello-cine-0936.jpg)
© Mónica Patxot
Nova reunión informativa no Concello de Pontevedra para organizar as actividades que se inclúan na programación relacionada coa celebración dos Premios Feroz.
Este mércores, Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, acompañado por Anabel Gulías, concelleira de Promoción dá Cidade, e por Demetrio Gómez, concelleiro de Cultura, mantiñan un encontro con representantes do sector audiovisual galego.
Membros da Academia Galega do Audiovisual, da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e do Clúster Audiovisual Galego asistían a esta cita que se encadra nas reunións que representantes do goberno local manteñen con sectores estratéxicos para tratar a selección de Pontevedra como sede para a celebración das dúas próximas edicións destes premios da crítica cinematográfica.
"É unha honra que Pontevedra sexa a sede dos Premios Feroz. Esta reunión foi fundamental para afianzar a colaboración coas principais entidades do sector audiovisual galego", indicaba Fernández Lores, que aposta por un traballo conxunto para que esta edición sexa inesquecible e un impulso para a industria galega audiovisual, ademais de situar a Pontevedra como unha cidade "creativa, aberta e de vangarda".
Os Premios Feroz 2025 entregaranse nunha cerimonia no Recinto Feiral do Pazo da Cultura o 25 de xaneiro do próximo ano e está previsto que se desenvolva un amplo programa de actividades a partir do mes de outubro.
Relacionadas:
-
Lores mantén reunións co sector cultural e creativo da cidade para informar sobre os Premios Feroz
Por Redacción |
-
Novos Cinemas, Ambienta e o Cineclube colaborarán coas actividades dos Premios Feroz
Por Alejandro Espiño |
-
María Guerra, sobre os Premios Feroz: "É unha honra vir a Pontevedra. Fainos moita ilusión. É unha cidade moi humana"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra despregará a 'alfombra vermella' para acoller os Premios Feroz
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |