![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534db27b566c9-touporroutou_1.jpg)
© Centro Dramático Galego
O Roberto Vidal Bolaño máis infantil chega a Pontevedra con "Touporroutou da lúa e do sol"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Touporroutou da lúa e do sol, a obra de teatro infantil de Roberto Vidal Bolaño, chega a Pontevedra. Esta montaxe, levada a escena polo Centro Dramático Galego en coproducción con Teatro do Noroeste e coa colaboración da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, poderase ver o vindeiro sábado 22 de marzo ás 18.00 horas no Centro Social de Novacaixagalicia de Pontevedra.
Esta "farsa choqueira para actores e muñecos, ou viceversa", como se define no folleto de man, é unha obra na que catro titiriteiros contan, axudados dos máis diversos elementos, historias sobre a orixe da lúa, o sol, os días, as noites, o diluvio universal e de como acertar cos tesouros e tratar aos mouros, as fadas e, sobre todo, as serpes e os xigantes que gardan os tesouros. E como, á fin e ao cabo, fai falta usar o mellor tesouro: a imaxinación.
As entradas para este espectáculo, que teñen un prezo de dez euros, están xa á venda a través das canles habituais da entidade, en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500. A representación está recomendada para nenos e nenas maiores de sete anos.