Guadi Galego, primeiro concerto confirmado para as Festas de San Roque de Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As Festas de San Roque de Vilagarcía xa teñen ao seu primeiro concerto confirmado.
Trátase de Guadi Galego, que segundo avanzou o Concello actuará o mércores 14 de agosto no Parque da Xunqueira.
A artista de Cedeira presentará na capital arousá o seu espectáculo 'Síntese Horizonte', que iniciou este ano e co que encheu os principais teatros galegos.
Guadi Galego, integrante no seu momento do grupo Berrogüeto e xa cunha ampla traxectoria en solitario ás súas costas, foi galadornada este ano cun Premio Martín Códax da Música como á Mellor Canción de Autora.
O concerto, como é habitual nas Festas de San Roque, será de balde.