O Día dos Museos celébrase no CITA con programación especial
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais de Pontevedra (CITA) sumarase este sábado, 16 de maio, á celebración do Día dos Museos, que este ano leva por lema ‘Museos pola educación e a investigación’.
Neste centro xestionado polo Concello de Pontevedra, a celebración chega con visitas de balde para todos os públicos no seu horario habitual de apertura de 10 a 14 e de 17 a 21 horas.
Ademais, ten unha programación especial coa conferencia 'A espada ao servizo da igrexa: vida e morte de Prisciliano' a partir das 20.00 horas.
A conferencia correrá a cargo de Diego Piay Augusto, licenciado en Historia na USC, coas especialidades de historia antiga e arqueoloxía e Doutor en Historia.
Relacionadas:
-
O conselleiro de Cultura estréase no Día dos Museos coñecendo o Massó en Bueu
Por Redacción |
-
A que soarían as obras que ocupan as salas do Museo de Pontevedra se puidesen escoitarse?
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O Museo de Pontevedra intégrase en CODART, unha rede de curadores de arte de máis de 300 museos de 50 países do mundo
Por Redacción |