![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b6c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/660c2def41-escolares-len.jpg)
© Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis
Agasallos para a rapazada que máis le en Caldas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os escolares máis lectores do Concello de Caldas de Reis recibían un premio este martes con motivo do Día do Libro Infantil e Xuvenil.
Manuel Fariña, tenente de alcalde, entregaba varios premios a cinco escolares aos que se contabiliza o maior número de solicitudes de préstamo no seu rango de idade durante o ano 2023 na Biblioteca Municipal.
O concelleiro nacionalista entregaba un libro e un caderno, ademais dun diploma a este grupo de nenos e nenas para recoñecer o "amor pola lectura" desde o Concello de Caldas.
A intención deste acto é promover a lectura en idades temperás para que se converta nun hábito que se manteña ao longo de toda a vida.
O tenente de alcalde destacou o esforzo que o Concello está a realizar para aumentar o número de títulos e de publicacións de consulta e de préstamo na Biblioteca Municipal coa intención de potenciar todos os seus recursos.
Fariña fixo un chamamento á cidadanía de Caldas para que solicite o seu carné e, desta forma, ter acceso ao préstamo de numerosas obras ao mesmo tempo que se ten acceso gratuíto a actividades que se organizan desde a Biblioteca.