Nonetos de Farrenc e Lachner, en Pontevedra
Por Redacción
O venres 22 de marzo, ás 20.30 horas, o Auditorio de Afundación en Pontevedra acollerá a terceira entrega do ciclo 'Do Silencio á emoción' co programa "Nonetos de Farrenc e Lachner".
'Do silencio á emoción' é unha serie de concertos en colaboración con Afundación que invitan a escoitar música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo, resumirase a historia das obras do concerto, facilitando a escoita, permitindo que o público participe e se achegue á orquestra.
No primeiro concerto do ciclo poderemos escoitar os nonettos de Louise Farrenc e Franz Lachner, ambos compostos en 1849. Son obras representativas deste formato e notables exemplos da música de cámara escrita no século XIX. A combinación dos nove instrumentos permite ao compositor explorar unha combinación única de timbres e texturas, aproveitando a riqueza sonora que resulta da diversidade instrumental.
A compositora francesa Louise Farrenc foi a primeira muller nomeada profesora de piano no Conservatorio de París. Farrenc desafiou o normalizado no seu tempo reafirmando a súa posición como compositora nun contexto dominado polo xénero masculino. O seu Nonet, unha das súas obras máis emblemáticas, reflicte unha mestura de técnica e sensibilidade emocional, con liñas coidadosamente escritas para cada instrumento.
O noneto en fa maior de Franz Lachner, compositor e director de orquestra alemán, é un exemplo brillante de como conseguiu equilibrar as distintas voces da formación instrumental de nove membros, creando unha obra chea de vitalidade e cor.
Relacionadas:
-
Catro concertos comentados para achegar a música sínfónica a todos os públicos
Por María José Pita |
-
Concerto de Raúl Rodríguez e Manuel Morales no Edificio Castelao
Por Redacción |
-
'Do silencio á emoción II', unha forma diferente de redescubrir a música clásica
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Varias disciplinas artísticas únense no ciclo 'Del silencio a la emoción' para redescubrir a música clásica
Por Raquel Currás Martínez |