Pontevedra probará o mellor da Magia Potagia de Juan Tamariz
Por Redacción
Juan Tamariz é un dos magos máis famosos e entrañables das últimas décadas que ofrece espectáculos nos que combina o ilusionismo e o humor. Os mellores números dos seus máis de corenta anos de profesión chegan o próximo sábado 22 de febreiro a Pontevedra co espectáculo Magia Potagia, unha montaxe que conta coa colaboración da maga Consuelo Lorgia, unha artista con habilidades telepáticas.
Juan Tamariz destaca, sobre todo, pola súa pericia cos xogos de cartas que obtiveron importantes éxitos na televisión e en teatros de toda a península. O seu carisma e a súa forma de combinar comentarios ocorrentes e trucos sorprendentes ten marcado a varias xeracións de magos durante os últimos anos.
O espectáculo Magia Potagia presentarase no audiotiro de Novacaixagalicia a partir das 20.30 horas do sábado 22. As entradas para este espectáculo, con prezos a partir de 20 euros, están xa á venda a través das canles habituais en servinova e a través do despacho telefónico no 902 504 500.