Bueu celebrará o Día de Rosalía con poesía e contacontos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Bueu organiza un ano máis actividades para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o próximo 23 de febreiro. Ao longo desa semana, o consistorio programará diversos eventos que poñerán en valor as letras galegas para todas as idades.
O programa arrancará o luns 19 de febreiro, ás 19.30 horas, cando a Sala Multiusos do Centro Social do Mar acollerá a presentación do libro "831-urb", o poemario co que Manuel López Rodríguez gañou o XXVI Premio Johan Carballeira de Poesía do Concello de Bueu. O acto contará ademais ademais coas intervencións de Carmen García, concelleira de cultura, e Fran Alonso, director da Edicións Xerais. "831-urb" é, segundo a editora, un exercicio poético arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse.
O venres 23, coincidindo co mesmo Día de Rosalía, no mesmo espazo terá lugar a partir das 17.30 horas un contacontos con Trémola Teatro titulado "A miña historia", no que se presenta a historia de Andrea, unha xornalista saída do século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. As crianzas deberán axudala a que todo o mundo se lembre dela, polo que é unha boa oportunidade para coñecer á poeta galega.
Ademais durante toda a semana, as bibliotecas municipais de Bueu, Cela e Beluso repartirán marca páxinas personalizados con versos da poeta. E para coñecer a súa obra, as de Cela e Beluso acollerán exposicións temáticas.
Relacionadas:
-
Espallando por Soutomaior versos de Rosalía para conmemorar á poeta
Por Redacción |
-
"Caldo de Gloria" e unha lectura colectiva para conmemorar en Poio o Día de Rosalía
Por Redacción |
-
Lecturas abertas en Pontevedra e espectáculo infantil en Marín para celebrar o Día de Rosalía
Por Redacción |
-
O campus conmemora o Día de Rosalía con música e poesía
Por Redacción |