A aclamada "Anatomía dunha caída" chega ao Cineclube
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A película francesa Anatomía dunha caída, un dos filmes máis aclamados da tempada, abrirá a programación do Cineclube Pontevedra este 2024.
O Teatro Principal acollerá a proxección este martes 16 de xaneiro, ás 20:30 horas. A entrada é libre para as persoas socias. O resto terá que abonar unha cota de 3 euros. A película verase en versión orixinal subtitulada en galego.
Anatomía dunha caída é a recente gañadora do Globo de Ouro á mellor película de fala non inglesa, ao que tamén optaba a española La sociedad de la nieve.
Ambas son as grandes favoritas para levar o Óscar, que entregarán en marzo.
O filme francés, que xa gañou tamén a Palma de Ouro no festival de Cannes, está dirixido pola realizadora Justine Triet e narra a historia de Sandra, unha escritora alemá que vive co seu marido Samuel e o seu fillo Daniel nun chalé illado no medio dos Alpes franceses.
Cando Samuel falece en misteriosas circunstancias, a investigación non pode determinar se se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandra é xulgada por asasinato e o proceso pon o seu tumultuosa relación e a súa personalidade no punto de mira.
Sandra Hüller, Swann Arlaud, Milo Machado-Graner, Antoine Reinartz e Samuel Theis son os protagonistas desta película.
Relacionadas:
-
O Cineclube Pontevedra dedicaralle o mes de abril á libanesa Jocelyne Saab e ao finlandés Aki Kaurismäki
Por Oskar Viéitez |
-
O Salón do Libro programa tres matinés de cinema familiar
Por Oskar Viéitez |
-
Cineclube Pontevedra dedica o mes de marzo a Víctor Erice
Por Oskar Viéitez |
-
'Incrible pero certo' e 'Fumar provoca tose', as delirantes propostas do Cineclube Pontevedra para febreiro
Por Redacción |
-
O Cineclube Pontevedra proxectará os últimos traballos de Justine Triet e de Aki Kaurismäki
Por Redacción |