Un cadro de Darío de Regoyos viaxa de Pontevedra ao Museo de Belas Artes de Bilbao e o Thyssen
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Paisaje: Peña Amboto, Vizcaya, cadro do pintor impresionista Darío de Regoyos viaxou dende Pontevedra a Bilbao e nos próximos días irá destino a Madrid. Trátase dunha obra da colección do Museo de Pontevedra que ven de ser cedida ao Museo de Belas Artes de Bilbao con motivo do centenario do pasamento do xenial pintor.
O oleo, datado no ano 1907, formará parte da exposición Darío de Regoyos. La aventura impresionista. Nel, o pintor asturiano (Ribadesella, 1857-Barcelona, 1913) mostra unha ampla panorámica dun paisaxe rural vasco con campos labrados e ao fondo un dos tres montes máis importantes de Euskadi, o de Peña Amboto, dende o que se convocaban as Xuntas Xerais con bucinas.
A exposición para a que o Museo de Pontevedra cedeu o cadro da súa propiedade exhíbese en Bilbao e posteriormente viaxará a Madrid, cidade na que se mostrará no Museo Thyssen-Bornemisza dende o 18 de febreiro ata o 1 de xuño de 2014.