Proxecto Lar: unha indagación artística sobre o fogar e a memoria
Por Redacción
O Ateneo Santa Cecilia ten en marcha a exposición 'Proxecto Lar' das artistas Silvana Cor (Uruguay) e Sibila Pujadas (Argentina), que estará aberta ao público ata o 20 de decembro.
Trátase dunha serie de traballos que reúnen técnicas de collage, esgrafiado e debuxo.
As obras propoñen unha exploración sobre as raíces familiares, a memoria e o fogar a partir do termo galego "lar", que comprende a patria, a familia, o recuncho amado, os antepasados, os que non esquecen xamais.
A conexión entre Galicia e Arxentina/Uruguay é innegable. Centos de anos de historias discorreron por esa ponte invisible sobre o Atlántico, xunto con familias divididas por guerras, fames negras e a promesa dunha vida mellor ao outro lado do incerto. O século XX viu pasar importantes ondas migratorias. Eran épocas nas que "cruzar o charco" constituía unha aventura que se afrontaba practicamente a cegas e América era a terra prometida para quenes escapaban dos horrores, a persecución e a fame.
A historia repítese (ou recíclase) na actualidade, cando son os mesmos descendentes de aqueles migrantes os que parten en busca de mellores condicións no vello continente. A roda segue xirando, os migrantes andando, e os soños empuxando.
Estas dúas artistas, fillas da emigración reencóntranse no ano 2022 en Pontevedra, na terra dos seus avós e en longas conversas comezaron a afondar na memoria dende un lugar persoal pero tamén transxeracional.
O resultado plásmase nesta exposición conxunta na sala do Ateneo.