O PP esixe celeridade ao Concello para o arranxo da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Redacción
O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, comprometeuse este xoves cos veciños da parroquia de Ponte Sampaio a esixir celeridade ao Concello de Pontevedra para a reparación dos desperfectos da ponte medieval na que o pasado 24 de decembro un accidente derrubou parte das pedras da estrutura.
O concelleiro visitou a zona acompañado pola edil popular Eloísa Nogueira e por representantes dos veciños. Os residentes lembraron a Moreira, segundo o Partido Popular, que o día do accidente non se sinalizou a zona ata varias horas despois do suceso e que xa van quince días sen novas do que se vai facer para arranxalo.
Moreira comprometeuse ante os veciños a interesarse específicamente por este expediente para "evitar que a habitualmente caótica xestión administrativa do equipo de Fernández Lores termine tamén ralentizando esta actuación".
O voceiro do grupo municipal do PP tamén expresou a súa "sorpresa" pola iniciativa da deputada socialista Patricia Vilán de trasladar este asunto ao Parlamento galego "defendendo unha suposta responsabilidade da Xunta de Galicia cando a competencia é unicamente municipal".
Relacionadas:
-
O Concello reclama á Xunta que restaure a ponte danada de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O concelleiro de Educación lamenta a "ignorancia" de Jacobo Moreira nas súas reclamacións
Por Redacción |
-
O PSdeG-PSOE pide a restauración integral da ponte de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O PSdeG-PSOE reclama á Xunta a reparación urxente da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Un accidente derruba parte da ponte medieval de Ponte Sampaio, que haberá que restaurar
Por Natalia Puga |