Un accidente derruba parte da ponte medieval de Ponte Sampaio, que haberá que restaurar
Por Natalia Puga
A ponte medieval de Ponte Sampaio terá que ser restaurado tras un accidente de circulación no que un vehículo todoterreo derrubou parte das pedras da estrutura. Mentres tanto, permanece sinalizado, o lateral afectado está protexido, pero pódese circular pola ponte sen restricións.
O accidente produciuse o día de Noiteboa. Segundo testemuñas presenciais, un vehículo chocou coas rodas co pivote de entrada á ponte, o condutor perdeu o control e chocou co lateral. Co impacto, derrubou dúas pedras, que caeron ao río Verdugo. O accidente non deixou danos persoais, pero si materiais non só na ponte, senón tamén no vehículo.
En relación cos danos na ponte, fontes da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra sinalaron que está previsto que técnicos de Patrimonio revisen a ponte, pero o proxecto de restauración corresponderá ao Concello de Pontevedra.
Segundo estas fontes, a delegación da Consellería de Cultura está á espera de que a Policía Local o remita un informe sobre o incidente. Unha vez recibido, haberá que facer unha peritaxe dos danos e, a continuación, instarase o Concello de Pontevedra a que elabore un plan de restauración.
As tarefas de restauración teraas que sufragar o seguro de responsabilidade civil do vehículo que provocou o accidente e estararán en todo momento supervisadas pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta.
Relacionadas:
-
Un coche leva por diante parte da ponte de Ponte Sampaio
Por Natalia Puga |
-
A Xunta conclúe os traballos de rehabilitación da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O PP esixe celeridade ao Concello para o arranxo da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O PSdeG-PSOE reclama á Xunta a reparación urxente da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Comezan os trámites para reparar a ponte medieval de Ponte Sampaio, danada por un accidente
Por Redacción |