O BNG do Salnés tacha ao PP de "defensor de corruptos"
Por Redacción
O voceiro comarcal do BNG do Salnés, Xoán Allegue, cualifica o Partido Popular de "defensor de corruptos". En resposta ao secretario de organización do PP provincial, Luis Serantes, o nacionalista replica con contundencia nun comunicado que "os dirixentes do PP son bastante covardes por non asumir as súas responsabilidades", e que acusa a Luis Serantes de "mentireiro e irresponsable".
Xoán Allegue insiste en que "a alcaldesa de Sanxenxo está imputada por prevaricación, suborno, é dicir, por corrupción política e aproveitamento do seu cargo, cargos o suficientemente importantes como para esixir a súa dimisión".
O Bloque chega a dicir que dentro do PP hai "unha camarilla de corruptos" e de Serantes afirman "o seu posto de traballo" na Deputación depende de que lle ría as grazas ao seu amo".