Retiran a imputación ao secretario do Concello de Sanxenxo por presuntas irregularidades urbanísticas
Por Redacción
Primeiro foi a secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, e agora o secretario municipal do Concello de Sanxenxo. O titular do Xulgado de Instrución número 2 de Sanxenxo comunicou a través dun auto a desimputación de Anxo Luis López Pita, investigado por unhas presuntas irregularidades urbanísticas no municipio.
En concreto, estaba acusado de prevaricación e suborno dentro das dilixencias previas abertas hai dous anos. No auto, destacan dende o goberno municipal, queda constancia da "ausencia total" de indicios que proben comportamento ilícito algún.
Esta noticia foi acollida con satisfacción no Concello de Sanxenxo, cuxos responsables manifestaron o seu "respaldo absoluto" ao secretario municipal, do que destacaron a "riguridad" que aplica ás súas tarefas diarias e a importancia do seu labor dentro da xestión do concello.
Á espera dunha decisión similar encóntranse máis persoas, entre elas, a ex alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, que solicitou que se arquivase a causa contra ela o pasado mes de novembro.
Relacionadas:
-
Retiran a imputación por prevaricación contra a exalcaldesa de Sanxenxo, Catalina González
Por Redacción |
-
"Respecto que o partido optara por Telmo, pero teríame gustado moito que as formas foran outras"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Catalina González solicita ao Xulgado o sobresemento da súa causa por presuntas irregularidades urbanísticas
Por Redacción |