48 persoas identificadas nunha operación contra o furtivismo na ría de Arousa
Por Redacción
Axentes do Servizo de Gardacostas en colaboración con axentes da Policía Autonómica realizaron un operativo onte á noite na ría de Arousa, dende Aguiño á Illa de Cortegada, que se saldou cun detido e con 48 persoas identificadas. Nesta actuación, os Gardacostas comisaron 140 quilos de ameixa babosa e 8 sachos.
A maiores, tamén na noite do mércores, en Bueu, os Gardacostas, en colaboración co Seprona de Pontevedra, requisaron 2 vehículos que portaban preto de 120 quilos de pescada de talla antirregulamentaria.
Dende a Consellería do Medio Rural e do Mar lembran á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra dos cauces legais de comercialización.
Relacionadas:
-
Un operativo contra o furtivismo na ría de Arousa sáldase coa identificación de 38 persoas
Por Redacción |
-
Interceptados 130 quilos de vieiras con toxina procedentes do furtivismo nos Praceres
Por Redacción |
-
Imputan dous arousanos 'cazados' con centola seis días antes de que se abrira a veda
Por Redacción |
-
Interveñen marisco furtivo fondeado no porto de Tragove
Por Redacción |