Interveñen marisco furtivo fondeado no porto de Tragove
Por Redacción
Unha patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa incautou na noite do pasado día 14 de novembro, 300 quilogramos de volandeira, 28 de polbo, 50 de centola, 30 de nécoras, un lumbrigante e un santiaguiño.
Estas incautacións son froito dos controis que se veñen realizando en diversos puntos do Salnés así como nas inspeccións levadas a cabo nos peiraos dos distintos portos pesqueiros da devandita bisbarra, en colaboración do Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia con base en Vilaxoán.
Nun destes puntos de verificación procedeuse á incautación de 28 quilogramos de polbo no interior dun vehículo e que era transportado sen documento ningún que amparase o seu transporte e a súa legal procedencia ademais da cal algúns dos exemplares eran inmaturos, formulándose denuncia por infracción grave á Lei 11/08 de Pesca de Galicia.
O restante marisco encontrábase fondeado en diversos puntos dos peiraos do porto pesqueiro de Tragove (Cambados), o cal unha vez incautado foi devolto ao mar nunha embarcación da Confraría de Pesca de Cambados por encontrarse vivo.
Relacionadas:
-
Un operativo contra o furtivismo na ría de Arousa sáldase coa identificación de 38 persoas
Por Redacción |
-
Interceptados 130 quilos de vieiras con toxina procedentes do furtivismo nos Praceres
Por Redacción |
-
48 persoas identificadas nunha operación contra o furtivismo na ría de Arousa
Por Redacción |
-
Frustran a chegada ao mercado de mil quilos de marisco furtivo en Arousa e Pontevedra
Por Redacción |
-
Os Gardacostas requisan dúas embarcacións en Arousa en operativos contra o furtivismo
Por Redacción |