Os Gardacostas requisan dúas embarcacións en Arousa en operativos contra o furtivismo
Por Redacción
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia requisaron 515 aparellos de pesca, dúas embarcacións e preto de 240 quilos de distintas especies en varios operativos de loita contra o furtivismo realizados polo litoral galego nos últimos días, entre outras zonas, nas rías de Arousa e Pontevedra.
Segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, na Ría de Pontevedra os axentes fixéronse con máis de 39 quilos de distintas especies -a maioría pescada conxelada-, 14 aparellos de pesca e 250 metros de artes de enmalle.
Na Ría de Arousa realizáronse varios operativos, onde os axentes comisaron preto de 58 quilos de especies, incautaron 111 aparellos, 600 metros de artes de enmalle e as dúas embarcacións requisadas no global de Galicia.
O operativo máis destacado en augas arousanas realizouse e
ntre O Chazo e Malveiras e deu como resultado a aprehensión de 55 butróns e o comiso de preto de 22 quilos de diversas especies, na súa maioría nécora.Relacionadas:
-
Interveñen marisco furtivo fondeado no porto de Tragove
Por Redacción |
-
Frustran a chegada ao mercado de mil quilos de marisco furtivo en Arousa e Pontevedra
Por Redacción |
-
Requisan 584 quilos de peixe e marisco aos furtivos
Por Redacción |
-
'Pillan' un furtivo descargando centola e nécora en veda e vieira con toxina en Cambados
Por Natalia Puga |