Imputan dous arousanos 'cazados' con centola seis días antes de que se abrira a veda
Por Redacción
Unha patrulla do Seprona de la Guardia Civil de Vilagarcía de Arousa en colaboración co Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia incautou 50 quilos de vieiras e 2 quilogramos de centola debida que foran capturados de forma furtiva nas inmediacións do lugar de Rons no Grove. Ocurreu o día 12 de novembro, xusto seis días antes de que se abrira a campaña de extración da centola, de modo que a súa captura foi ilegal, supoñía coller un marisco que estaba en veda.
O marisco foi interceptado a bordo dunha embarcación, tipo planeadora sen matrícula, tripulada por dous homes, cando chegaba a terra en Corbillón no Concello de Cambados. A embarcación foi incautada ao igual que un vehículo, estacionado no lugar para o transporte do marisco e un equipo completo de respiración autónoma.
Mostras do marisco foron trasladadas ao laboratorio da Xunta de Galicia para a súa análise xa que as augas se encontraban pechadas o marisqueo no momento en que foi extraido o molusco.
Os dous homes, J.C.G.D, de 45 anos de idade e veciño de Vilanova de Arousa e G.S.G. da mesma idade e con domicilio en Vilagarcía de Arousa foron imputados por un delito contra a saúde pública xa que as vieiras incautadas deron positivo en niveis de toxinas.
As dilixencias instruídas foron entregadas nos Xulgado de Instrución de Cambados onde terán que presentarse os imputados.