O xuíz mantén a imputación de Ángel Casal, ex edil de Urbanismo de Sanxenxo, por prevaricación
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
No marco das dilixencias abertas no Xulgado de Primera Instancia a Instrución número 2 de Cambados sobre temas urbanísticos no Concello de Sanxenxo, este martes pasaron a disposición xudicial tres persoas.
Rafael Vázquez Abal, ex xerente de urbanismo e ex arquitecto municipal. Substituíu na xerencia municipal, en decembro de 2006, a actual secretaria xeral de Urbanismo da Xunta, Encarnación Rivas. Impútanselle inicialmente os delitos de prevaricación urbanística, suborno e tráfico de influencias. Acolleuse ao seu dereito a non declarar.
Ana Belén Louro Pais, ex asesora xurídica da xerencia de urbanismo. Impútanselle inicialmente os delitos de prevaricación urbanística, suborno e tráfico de influencias. Acolleuse ao seu dereito a non declarar.
Angel Casal Moldes, ex concelleiro de Urbanismo co Partido Popular. Impútaselle inicialmente prevaricación urbanística. Si declarou.
Nas próximas horas está previsto que declare ante o xuíz Juan Manuel Hermo e o fiscal David de La Fuente, a actual responsable de urbanismo da Xunta, Encarnación Rivas.
ACTUALIZACIÓN: Con posterioridade á publicación desta información, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados acordou o arquivo da causa aberta contra Ana Belén Louro País, así como as actuacións dirixidas cara a outro dos investigados, Rubén Campos Ferro.