A centola deixa de estar en veda
Por Redacción
A Consellería do Medio Rural e do Mar abre este luns 18 de novembro en Pontevedra a campaña extractiva da centola, que ata agora estaba en veda en todo o territorio galego dende o 15 de xuño.
Os topes de capturas serán diarios, podendo ser modificados se a situación do recurso así o require e sempre trala consulta co sector afectado. Así, as cotas máximas de capturas quedarían establecidas en 35 quilos por embarcación máis 35 quilos por cada tripulante enrolado a bordo.
Poderán participar na campaña os titulares das embarcacións con porto base en Galicia e que teñan autorizadas no seu permiso de explotación algunha arte dirixida á centola ou algún cambio temporal de modalidade a algunha das artes autorizadas para extracción desta especie. En Pontevedra o do Grove é o seu porto principal e o seu horario de traballo será o establecido regulamentariamente para as artes coas que se pretenda faenar.
O departamento autonómico autorizou a apertura nas provincias da Coruña e Pontevedra ata o inicio da veda do vindeiro ano. No caso da provincia de Lugo a campaña de extracción comezará o 2 de decembro e prolongarase tamén ata o inicio da veda do vindeiro ano.
Relacionadas:
-
Comeza a campaña da centola con vendas a 16,80 euros o quilo na poxa do Grove
Por Redacción |
-
Unha centola de máis de 4 quilos leva o primeiro premio no concurso 'Centola Viva' do Grove
Por Redacción |
-
Sen centola das rías pontevedresas desde o 15 de xuño ata o 17 de novembro
Por Redacción |
-
"Moitas e ben cheas"
Por Natalia Puga |