Unha centola de máis de 4 quilos leva o primeiro premio no concurso 'Centola Viva' do Grove
Por Redacción
Unha centola macho de 4,350 quilogramos. Foi o tamaño que tiña o exemplar que capturou Antonio Otero Aguín do barco Chapeliño. El foi o gañador do concurso Centola Viva celebrado este lunes na Lonxa de Contratación do Grove con motivo das XI Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola. Tamén houbo premio para Jose María Meis Vila, representante do barco Edy, que capturou a maior centola femia, de 2,150 quilos.
Os gañadores recibirán o próximo 4 de decembro no Obradoiro de Hostalería da Lanzada un premio de 150 euros, un diploma e a insignia da Centola de Prata.
As pezas vencedoras serán poxadas na Praza de Abastos este martes 26 de novembro ás 12:00 horas.
Este concurso de Centola Viva é unha das primeiras actividades enmarcadas dentro das XI Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola, que se celebran no Grove ata o próximo 8 de decembro.
Unha vez aberta a veda da centola, 16 restaurantes do Grove renderán homenaxe a un dos seus productos máis característicos, ofrecéndoa en multitude de pratos, desde as propostas máis tradicionais a elaboracións máis innovadoras.
Ademais da presentación das xornadas que se celebrou na cidade leonesa de Ponferrada, co obxectivo de atraer visitantes desa comunidade, o programa desta XI edición inclúe un concurso de pinchos baixo a denominación PicaCentola no que participarán once establecementos. Todos eles elaborarán as súas propostas en base á centola.
Consulta aquí o programa completo das XI Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola.