García Pedrosa, de CC.OO.: "A sentenza de Ence é un monumento á falta de independencia do poder xudicial neste país"
Por Anxo Lourido
"A sentenza demole a independencia do poder xudicial", afirma José Luis García Pedrosa, secretario de organización de Comisións Obreiras, ao analizar a decisión da Audiencia Nacional sobre a prórroga concedida polo goberno de Mariano Rajoy en 2016 para que a fábrica de Ence permanecese ata 2073 en Lourizán.
Representantes da sección sindical de CC.OO. na empresa pasteira, coa presidenta do comité de empresa de oficinas centrais Ana Cedeira á cabeza, analizaban este martes a sentenza e avanzaban as próximas accións que levarán a cabo para defender os postos de traballo da factoría en Pontevedra.
Móstranse esperanzados cos recursos xudiciais que se presenten ao fallo da Audiencia Nacional e afirman que manterán as mobilizacións na rúa como obxectivo de garantir a permanencia de Ence en Lourizán.
Ana Cedeira acusou o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores de tentar facer un lavado de imaxe para a cidadanía e culpouno directamente como o "principal responsable de esta situación" ao presentar o recurso do Concello ante a Audiencia "pasando ahora la patata caliente a la empresa y a la Xunta, situación que nos es familiar porque con Elnosa hizo lo mismo".
García Pedrosa, pola súa banda, afirmou que "este non é un partido que teña rematado. Mentres non exista unha sentenza firme, non se pode dicir que Ence teña que deixar Lourizán. Esta mensaxe queremos mandala a todo o mundo, incluído o conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, que ten que saber el, a ministra, Lores e toda esa peña que vai haber recurso" e esperan que a sentenza do Tribunal Supremo sexa noutro sentido permitindo a permanencia de Ence en Lourizán. Ana Cedeira engadiu que os avogados prepararán un "recurso muy potente". Apuntou que a empresa tamén confirmou que recorrerá ao comité e que "peleará en los tribunales".
"Esta é unha sentenza ditada desde a Moncloa, que recoñece os argumentos do Goberno, un por un", asegurou o representante sindical afirmando que "é un monumento á falta de independencia do poder xudicial neste país". Insistiu en que se trata dun conflito político de "un goberno esquizofrénico", por defender a continuidade de Alcoa e facer todo o posible por pechar Ence. "Isto é unha bipolaridade política", asegurou García Pedrosa.
Sinala que as rendas de numerosa poboación veríase afectada no caso de peche de Ence ao perder os 130 millóns de euros que, segundo manifestou, a empresa inviste na curta de eucalipto dos montes galegos.
Reclamou tamén a intervención doutros axentes sociais aos que pide un papel "máis activo" sinalando directamente á Autoridade Portuaria de Marín. Avanzou que trasladarán nos próximos días a alcaldes, colectivos sociais e empresariais a proposta de crear unha Plataforma Galega de Defensa de Ence en Lourizán. Pedrosa indicou que estenderán o conflito a toda Galicia porque un posible peche da factoría afectaría o Produto Interior Bruto da comunidade e a diferentes sectores como o forestal. Ademais cualificou de "vergonza" a actitude dos sindicatos de clase en Galicia en relación co conflito de Ence aliándose "con quen está promovendo a destrución de emprego".
O secretario de organización mantén que se trata dunha decisión política e non un problema xudicial e, por tanto, sostén que a defensa dos postos de traballo realizarase na rúa con absoluta determinación realizando"mobilizacións moi importantes e cunha mobilización social, para o que queremos impulsar esta Plataforma Galega pola permanencia de Ence en Lourizán" e engadiu " non somos un polo sen cabeza".
"No hay una ubicación alternativa", manifestou Ana Cedeira, segundo o que lle trasladou a dirección da empresa e así se presentou hai 15 días nos informes ao Ministerio de Transición Ecolóxica. "Además no es un traslado, sería hacer una fábrica nueva y eso no es viable porque no hay una ubicación alternativa. La empresa lo tiene muy claro y así nos lo comunicó. Blanco y en botella. Si no hay ubicación alternativa, esto es el cierre de Ence", indicou a presidente do comité de empresa de oficinas centrais. "Cinco mil familias se irán a la calle, gracias señor Lores y gracias señora ministra", ironizou Cedeira.
Os representantes de CC.OO. móstranse escépticos coa convocatoria dunha nova mesa de diálogo entre as partes para estudar alternativas para o futuro de Ence. "Dudo mucho que vaya a haber mesa de diálogo. Lo intentó, hizo una y fue un paripé para intentar influir en la Audiencia Nacional y lo consiguió", denunciou Ana Cedeira sobre a primeira reunión convocada pola ministra Teresa Ribera.
Tamén criticaron as palabras do conselleiro de Economía e vicepresidente da Xunta Francisco Conde. "Nos parece un cachondeo", indicou García Pedrosa, "estamos en un estado de dereito e unha sentenza non é firme ata que sexa firme. Por iso debe ser máis prudente nas súas manifestacións". O secretario de organización de Comisións Obreiras tamén criticou tanto ao Goberno Central como á Xunta de Galicia por non presentar en Bruxelas un proxecto sobre Ence.
Relacionadas:
-
Colmenares advirte ao comité de ENCE que pechará se o recurso non prospera: "Non hai outra localización"
Por Anxo Lourido |
-
O comité de empresa de ENCE forza unha entrevista coa subdelegada co obxectivo de poñer data á mesa de diálogo
Por Anxo Lourido |
-
"Máxima preocupación" na Autoridade Portuaria ante o posible peche de ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
Convocan unha concentración este xoves ante a Subdelegación para demandar máis reunións da mesa de diálogo de ENCE
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
A Cámara de Comercio advirte que o peche de ENCE sería un "enorme retroceso" para Galicia
Por Redacción |
-
O Círculo de Empresarios de Galicia amosa a súa preocupación polo futuro incerto de ENCE na ría
Por Redacción |
-
ENCE afunde na bolsa tras a sentenza que anula a prórroga da súa fábrica en Pontevedra
Por Redacción |
-
O comité de empresa da fábrica de ENCE apura as vías de negociación para evitar un peche inminente
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Lores sobre a sentenza de ENCE: "Quen puxo en perigo os postos de traballo foi o cambalache do PP coa empresa buscando mecanismos ilegais"
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
"ENCE está en pie de guerra. Lo vamos a dar todo en las calles"
Por Alejandro Espiño & Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
A patronal, contundente: "No puede desaparecer ENCE de la ría de Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |