Xoias solidarias que axudan a loitar contra o cancro mentres homenaxean a Carmen Arias, Mimina
Por Redacción
A exposición 'Aloumiños de Mimina' que desde o pasado abril homenaxea no Fogar de Loli Beloso na Valadiña, na parroquia pontevedresa de Tomeza, a Carmen Arias de Castro Montero, Mimina, con motivo do centenario do seu nacemento, ten desde hai varios días unha continuación no centro de Pontevedra.
A exposición inclúe solidarias que agora tamén se mostran e venden na emblemática xoiería Suárez da rúa Oliva. Tanto a exposición de Tomeza como esta de a xoiería manteranse ata o próximo 27 de xuño e, segundo constata a súa organizadora, Loli Beloso, está a ter un gran éxito.
A iniciativa combina os fins solidarios coa homenaxe a 'Mimina', pois todo o diñeiro recadado investirase na loita contra o cancro a través das investigacións do Grupo de de Medicina Xenómica liderado polo científico Ángel Carracedo desde a Universidade de Santiago de Compostela.
'Mimina' foi compañeira do intelectual Isaac Díaz Pardo, unha peza fundamental no proxecto da Fábrica de Cerámica do Castro e de Sargadelos e destacada debuxante e deseñadora de xoias. Esta última faceta centra a exposición que pode visitarse na Valadiña os sábados e domingos en horario de 18.00 a 22.00 horas.
Trátase dunha mostra da que a madriña é Teresiña Reimúndez, fiel colaboradora de Díaz Pardo e agora tamén da pontevedresa Loli Beloso. Os visitantes poden ver ao redor de 40 obras, 25 da propia homenaxeada (pezas de xoiería e pezas decoradas por ela tanto en Galicia como na Magdalena, en Arxentina) e o resto de varios artistas galegos e internacionais, ademais de comprar as xoias solidarias deseñadas por Loli Beloso. O pasado domingo foi especialmente frutífero e a súa impulsora confirma que foi "un éxito rotundo".
Entre as pezas expostas destacan dúas deseñadas por Loli Beloso, 'A flor do toxo', realizada o ourive venezolano Gregorio Eduardo Sánchez; e 'Estrela Sol para Mimina', un colgante de prata decorado por Teresiña Reimúndez. Este último é o que sostén Loli Beloso nas imaxes que acompañan esta información.
Loli Beloso agradece a colaboración de Teresiña Reimúndez e tamén de Chelo, propietaria da xoiería colaboradora.
Relacionadas:
-
A Festa da Investigación de Tomeza celebra a súa sétima edición en beneficio da Fundación de Medicina Xenómica
Por Natalia Puga |
-
Tomeza lembra a Carmen Arias, Minina, no seu 102 aniversario
Por Redacción |
-
Arte e xoias solidarias cruzan o Atlántico desde Pontevedra a Arxentina
Por Redacción |
-
A iniciativa pontevedresa fixo realidade a rúa Isaac Diaz Pardo en Magdalena, Arxentina
Por Redacción |
-
Festa solidaria en Tomeza en favor da Fundación de Medicina Xenómica
Por Redacción |
-
O deseñador Franco Quintáns e as xoierías de Pontevedra renden homenaxe a Carmen Arias, 'Minina'
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un colgante Kalipay para enviar solidariedade pontevedresa a Filipinas
Por Redacción |
-
Pontevedra lembra a Carmen Arias, Mimina, "a xoia máis marabillosa de Isaac Diaz Pardo e Galicia"
Por Natalia Puga |