A Festa da Investigación de Tomeza celebra a súa sétima edición en beneficio da Fundación de Medicina Xenómica
Por Natalia Puga
O centro social de Lusquiños acollerá este vindeiro sábado 21 de outubro unha nova edición da Festa da Investigación de Tomeza, unha cita organizada pola pontevedresa Loli Beloso que xa chega á súa sétima edición.
Esta nova Festa da Investigación terá, de novo, fins altruístas e toda a recadación irá destinada á Fundación Galega de Medicina Xenómica que dirixe Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal na Universidade de Santiago de Compostela.
A cita será ás 19.00 horas e estará dedicada ao intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo e a Carmen Arias de Castro, Mimina, debuxante, responsable da liña de xoias de Sargadelos e a súa compañeira de vida.
Loli Beloso, organizadora, explicou que a festa deste 2023 terá como presentadora a María Diaz e contará coa presenza de Ángel Carracedo, o arquitecto César Portela, o pintor Rafa Betanzos, o debuxante Martín Fresco e Mario Rodríguez, propietario de Cerámica da Ulla.
Durante o acto, Loli Beloso aproveitará para presentar o seu novo libro, o primeiro poemario, integrado por poemas íntimos adicados á súa familia e que se titula 'Criaturiña', o nome co que a chamaba o seu pai adoptivo.
Tamén presentará un bosquexo da Virxe Peregrina para Cerámica da Ulla que vai elaborar esta empresa de cerámica galega. Ese día, despois da presentación, entregará o bosquexo a Mario Rodríguez.
O acto incluirá un sorteo dun bolso solidario e un recital poético de Leonardo Tomás Sánchez Rojas, Carlota Chan Reguera, Isabel Baena Serantes e Xiana Vidal García.
A parte musical correrá a cargo do cantautor de Combarro Miguel Martínez.
Relacionadas:
-
Entrega de 3.000 euros á Fundación Galega de Medicina Xenómica na Festa da Investigación de Tomeza
Por Redacción |
-
Davide Salvado e outros artistas lembran a Mimina no seu 102 aniversario
Por Rosalía Rico Otero |
-
Tomeza lembra a Carmen Arias, Minina, no seu 102 aniversario
Por Redacción |
-
"Éxito rotundo" da Festa da Investigación de Tomeza, que entregou 3.500 euros para a investigación do cancro
Por Redacción |
-
Arte e xoias solidarias cruzan o Atlántico desde Pontevedra a Arxentina
Por Redacción |
-
'Lazos de agarimo' que irán de Tomeza a Nicaragua e Filipinas
Por Redacción |
-
Festa solidaria en Tomeza en favor da Fundación de Medicina Xenómica
Por Redacción |
-
Xoias solidarias que axudan a loitar contra o cancro mentres homenaxean a Carmen Arias, Mimina
Por Redacción |
-
Pontevedra lembra a Carmen Arias, Mimina, "a xoia máis marabillosa de Isaac Diaz Pardo e Galicia"
Por Natalia Puga |