En primavera comezarán as obras para crear a senda peonil e ciclista na PO-531 no lugar da Devesa
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitaba este mércores as obras do itinerario peonil e ciclista na estrada autonómica PO-531 no lugar da Devesa, na parroquia de Alba, en Pontevedra. O orzamento previsto ascende a 756.931 euros. O prazo de presentación de ofertas finalizará o 20 de xaneiro do próximo ano.
Luisa Piñeiro, delegada territorial da Xunta anunciaba a posta en marcha do procedemento que se publica na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia durante a súa visita a esta zona.
A representante autonómica acudía acompañada polo xefe territorial de Infraestruturas José Luís Díez e mantivo un encontro con veciños da zona. A previsión da Xunta de Galicia é que estas obras se inicien durante a primavera e rematen a finais de 2021 ou a principios de 2022.
Está previsto que este tramo teña continuidade ata Bretoña.e, segundo apuntaba Piñeiro, a intención é favorecer a mobilidade sostible e a seguridade neste tramo de estrada para os peóns e ciclistas.
O proxecto desenvolverase en case 1.500 metros, na PO-531, afectando os lugares da Devesa, O Bispo e Sabarís. Ao longo derl percorrido construirase na marxe esquerda unha senda de formigón coloreado cun ancho mínimo de dous metros, cun bordo de protección e franxas axardinadas que aumentarán a seguridade viaria.
As obras tamén contemplan unha senda cunha pasarela para superar o Rego do Castrado. Utilizaranse sistemas de contención, dous muros para o agarre da terra e a adecuación da rede de drenaxe, con sinalización e balizamento, garantindo a adecuada accesibilidade ás vivendas da zona, segundo informan desde a Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
A Xunta inicia a construción dunha senda peonil na Devesa
Por Redacción |
-
Construcciones Rafer executará a senda na Devesa por uns 615.000 euros
Por Redacción |
-
Alba estrea a súa senda para peóns e peregrinos na zona de San Caetano
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Xunta recibe ofertas de 16 empresas para executar unha senda na PO-531 na Devesa
Por Redacción |
-
A Xunta abre o proceso de expropiación para construír unha senda peonil na Devesa
Por Redacción |
-
Vía libre para a expropiación de 25 leiras afectadas pola nova senda peonil da PO-531 en Alba
Por Redacción |
-
Aproban a expropiación de 25 leiras para construír unha senda peonil na PO-531
Por Redacción |