O ex ministro Joan Clos buscará fórmulas para atraer novos talentos que se asenten en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Joan Clos e Miguel Anxo Fernández Lores empatizaron cando participaron no ciclo Urbtopias no Sexto Edificio do Museo. Daquela afinidade xorde agora un proxecto no que a asociación Ágora Urbana, pertencente ao Instituto de Barcelona de Estudos Internacionais (IBEI) en colaboración con diversas universidades catalás, analizará a situación actual de Pontevedra para establecer as liñas programáticas de cara ao futuro.
O ex alcalde de Barcelona, doutor en epidemioloxía e ex ministro de Industria Joan Clos será o líder desta iniciativa na que tamén terá protagonismo a Universidade de Vigo, a través do equipo que encabeza o profesor Pedro Figueroa, encargado do manexo dos datos do observatorio urbano de Pontevedra e do ambiental Efecto PO2. O obxectivo, segundo explicaba, a portavoz municipal Anabel Gulías, é buscar as liñas a seguir para atraer talentos que realicen a súa actividade laboral nunha cidade das características de Pontevedra coa idea de que se converta nun polo de atracción para ter proxección exterior.
Durante estes días, o equipo de Ágora Urbana con Joan Clos acompañado polo urbanista e arquitecto de Nova York David Brito, están a manter encontros para coñecer as características específicas da cidade en relación co modelo urbano, a compostaxe, o transporte a demanda ou cos territorios próximos.
Joan Clos, nun encontro mantido cos medios de comunicación, explicaba que Pontevedra se adiantou 20 anos en estratexia sobre espazo público buscando a convivencia que outras cidades non contemplaron porque os manuais de urbanismo doutras décadas se centraban no deseño. "Pontevedra é un modelo coñecido en todo o mundo. É un referente", apuntou para engadir que agora é necesario continuar e atraer ao talento como fórmula económica postindustrial que permita establecer actividades tecnolóxicas respectuosas ambientalmente no municipio.
O custo desta colaboración aínda non se pechou pero, segundo a concellería de Promoción da Cidade, o tope máximo deste contrato será de 15.000 euros.
Relacionadas:
-
Ana Tomé, directora da Fundación Reina Sofía: "Antes Pontevedra era dedicarse a esquivar coches, ahora se pasea placenteramente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra volverá ser "punto de encontro" para converter as Urbtopías en cidades posibles
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Madrid, Barcelona e Valencia, próximas paradas para dar a coñecer o "modelo de cidade"
Por Redacción |
-
Pontevedra usará o 'Efecto PO2' para promocionarse como "destino seguro"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, invitada a un encontro pola reconstrución das cidades organizado por Al Gore
Por Redacción |
-
O BNG estuda darlle un uso cultural á vella casa consistorial da Praza de España
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Joan Clos: "O reto para Pontevedra será a estruturación territorial na súa área metropolitana"
Por Marisa Ciordia |
-
Joan Clos dialoga con Lores sobre deseño urbano no inicio do ciclo 'Urbtopías'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Joan Clos, en Pontevedra: "La gente se vuelve más solidaria y empática si el espacio público está cuidado"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |