Joan Clos dialoga con Lores sobre deseño urbano no inicio do ciclo 'Urbtopías'
Pontevedra é, desde este xoves, un lugar de debate e reflexión sobre o futuro das cidades. Comezou o ciclo Urbtopías, organizado polo Concello de Pontevedra, no que diferentes especialistas en deseño urbano intercambiarán, nun diálogo aberto e participativo co público, as súas achegas nesta materia.
Un encontro entre Joan Clos, ex alcalde de Barcelona e director executivo durante os últimos nove anos de ONU-Hábitat, o programa de Nacións Unidas para os asentamentos urbanos, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, deu inicio a este foro.
O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra foi o lugar escollido para escenificar este diálogo, que estivo moderado pola xornalista Elisa Beni.
Ambos reflexionaron sobre o xeito no que as transformacións urbanas, como a que ten experimentado Pontevedra nos últimos anos, mellora a calidade de vida dos habitantes das cidades, ao entender que o axeitado aproveitamento dos espazos públicos favorece a convivencia social.
O público ateigou o espazo dispoñible para escoitar o diálogo entre estas dúas autoridades. Entre eles, había un nutrido grupo de policías locais, que aproveitaron a ocasión para dar visibilidade ás súas protestas ante a falta de acordo co goberno municipal para mellorar as súas condicións laborais.
PRÓXIMAS CITAS
O programa de Urbtopías continuará o xoves 29 de novembro cun diálogo sobre a cultura como motor das cidades, no que participarán Lidia Blanco, especialista en xestión cultural en América Latina; Vicente Granados, director do plan estratéxico de Málaga; Telmo Faria, ex alcalde de Óbidos e director do festival literario Folio; e Lola Dopico, directora da Esdemga.
Pontevedra, a cidade que vén será o eixe do diálogo que o 11 de decembro, ás 19.00 horas, manterán César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, e Fernando Nebot, enxeñeiro e redactor de numerosos plans de mobilidade e accesibilidade urbana.
A seguinte cita será o 13 de decembro, ás oito da tarde, coa xornada sobre transformacións urbanas con perspectiva de xénero, na que participarán Blanca Valdivia e Marta Fonseca, da cooperativa de arquitectas, sociólogas e urbanistas feministas Punt 6; Oihane Ruiz, arquitecta especializada en urbanismo; e Carme da Silva, tenente de alcalde de Pontevedra.
Urbtopías rematará o 20 de decembro coa conferencia sobre os valores da cidade, impartida polo arquitecto urbanista Joan Busquets, catedrático da Urban Planning and Design da Graduate School of Design da Universidade de Harvard, que dialogará posteriormente con Anabel Gulías, concelleira de Promoción da cidade en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Madrid, Barcelona e Valencia, próximas paradas para dar a coñecer o "modelo de cidade"
Por Redacción |
-
O ex ministro Joan Clos buscará fórmulas para atraer novos talentos que se asenten en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O director da DXT traslada á Deputación o seu parabén pola súa política en materia de mobilidade
Por Redacción |
-
Pontevedra ten "un gran porvenir", segundo Joan Busquets, porque ofrece "calidad de vida"
Por Alejandro Espiño |
-
Expertas en urbanismo reclaman deseñar as cidades desde unha perspectiva feminista
Por Alejandro Espiño |
-
O "éxito" de Pontevedra, segundo Fernando Nebot, é que "no hay tensión" no uso do espazo público
Por Alejandro Espiño |
-
Expertos en creación analizan a cultura como motor das cidades
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
RADIO.- Joan Clos: "O reto para Pontevedra será a estruturación territorial na súa área metropolitana"
Por Marisa Ciordia |
-
Joan Clos, en Pontevedra: "La gente se vuelve más solidaria y empática si el espacio público está cuidado"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Joan Clos e Fernández Lores abrirán 'Urbtopías', as xornadas no Museo sobre as transformacións urbanas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |