As praceiras quéixanse da competencia desleal de vendedoras 'pirata' ás portas do mercado
Por Oskar Viéitez
A crise provocou que nos últimos tempos aumente o número de persoas que se colocan ás portas do mercado para vender produtos da horta.
"Xa non só os xitanos cos allos, agora son unha morea de vendedoras con verduras e hortalizas" que, segundo din as praceiras, prexudícanlles.
Fundamentalmente as críticas proceden dos postos de froitas e verduras do mercado municipal porque consideran que esas mulleres fanlles unha "competencia desleal".
Obviamente as "intrusas" non pagan impostos, e a necesidade de levar a casa uns euros fórzalles a vender a súa mercancía "case regalada".
"Moitas son xubiladas que só buscan gañar uns euros porque non lles chega coa pensión", lamenta unha pescantina.
Ademáis da falla de garantía sanitaria na compra dalgúns produtos como os ovos, incluso o peixe ou o marisco, as praceiras aseguran que algunhas destas mulleres non comercializan o que elas mesmas cultivan nas súas hortas, senón que llo compran aos mesmos proveedores que elas.
Esta situación non é nova, pero a crise multiplicou o número de vendedoras "pirata" e reduciu o número de clientes, así como a súa disponibilidad económica.
En teoría estas ambulantes teñen que vender os seus produtos agrícolas na contorna do pabellón de deportes, pero algunhas saltan esa norma e instálanse nos arredores do mercado.
En poucas ocasións multoulles a Policía Local, nalgún caso si se lles pediu o nome e algunhas contan como os axentes interviñéronlles a mercancía, pero ao día seguinte volven e seguen vendendo.