Medio cento de funcionarios de Xustiza maniféstanse na Parda contra as medidas de Gallardón
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Un grupo de 50 funcionarios dos Xulgados da Parda realizaron unha marcha de protesta ante o que denominan a "demolición da Administración dá Xustiza". Estes traballadores públicos consideran que o incremento das taxas xudiciais promovidas polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, así como a privatización do rexistro civil e a intención de establecer un partido xudicial único en Pontevedra.
Pablo Valeiras de Comisiones Obreras incidía nos problemas que supoñería que o rexistro civil pasar a mans privadas: "vai conlevar poñer en mans dos privilexiados un servizo público de eficiencia recoñecida. E os cidadáns terán que pagar por defunción, fe de vida... e os rexistradores van cobrar a través de aranceis e iso significará que a xustiza será máis cara".
Outros sindicalistas como Manuel Valle de CSIF e Quique Estag del Sindicato de Trabajadores de la Administración de Justicia tamén coincidían en sinalar que o cidadán da pé é o gran prexudicado polas medidas que intenta establecer Gallardón: "agora as persoas van ter que valorar se lle sae rentable pelexar por un dereito".
No mesmo sentido exprésanse en relación coa posibilidade de que Pontevedra se convirta nun partido xudicial único: "Os cidadáns de Vigo, Tui, O Porriño... terían que vir aquí ou pagar a un procurador" y añaden su preocupación por el gasto que supondría "que facemos cos edificios xudiciais? que facemos cos 400 traballadores de Xustiza en Vigo? na provincia traballan 1.100 funcionarios nos xulgados, onde os metemos?"
Ademais, ao berro de "Gallardón, dimisión", os funcionarios denuncian as retribucións e dereitos laborais que perderon nos últimos meses "pagas extra, recortes do 5%, descontos por baixas, amortización de prazas..."
Ante esta situación van concentrarse os días 19 e 26 de xuño nos Xulgados da Parda de 11:30 a 12:30. Estas protestas retomaranse en setembro para convocar, se non hai un cambio de postura por parte do ministro, unha folga indefinida a partires do 5 de novembro.
Relacionadas:
-
Todos os traballadores da Parda mobilizaranse unidos contra a privatización do rexistro civil
Por Natalia Puga |
-
Performance en defensa da Administración de Xustiza
Por Natalia Puga |
-
Volven as mobilizacións aos xulgados pontevedreses en protesta pola reforma do sector
Por Redacción |
-
Un centenar de funcionarios protestan en Pontevedra contra a 'privatización' da Xustiza
Por Oskar Viéitez |
-
Xuices, fiscais, avogados e funcionarios saen á rúa: "el problema de la Justicia es un problema de la sociedad"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |